Viggo Mortensen

Viggo Mortensen no [[Festival Internacional de Cinema de Venecia Viggo Peter Mortensen Jr., nado en Manhattan (Nova York) o 20 de outubro de 1958, é un actor estadounidense. Fixo o seu debut no cinema cun pequeno papel no filme de suspense de Peter Weir ''Testemuña única'' (1985). Apareceu en varios filems notables, entre eles ''The Indian Runner'' (1991), ''Carlito's Way'' (1993), ''Crimson Tide'' (1995), ''Daylight'' (1996), ''The Portrait of a Lady'' (1996), ''G.I. Jane'' (1997), ''Un crime perfecto'' (1998), ''A Walk on the Moon'' (1999) e ''28 Days'' (2000).

Mortensen acadou a fama internacional coa súa interpretación de Aragorn na triloxía fantástica ''The Lord of the Rings'' (2001–2003). Obtivo eloxios polas súas colaboracións co cineasta David Cronenberg nos filmes de suspense ''A History of Violence'' (2005), ''Eastern Promises'' (2007), polo cal foi nomeado ó Óscar ó mellor actor, e ''A Dangerous Method'' (2011). Obtivo de novo nomeamentos aos premios da Academia polos seus papeis principais como pai anarquista en ''Captain Fantastic'' (2016) e como Tony Lip en ''O libro verde'' (2018). Mortensen fixo o seu debut como director con ''Falling'' (2020), o cal tamén protagonizou.

Ademais da actuación, Mortensen explorou as belas artes, a fotografía, a poesía e a música. En 2002, fundou Perceval Press para publicar tanto as súas obras como as de artistas e autores pouco coñecidos. Mortensen cantou e compuxo parte da banda sonora de ''The Lord of the Rings'' e colaborou co guitarrista Buckethead en varios álbums. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Mortensen, Viggo, 1958-', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    Publicado 2004
    Outros autores: ...Mortensen, Viggo, 1958-...
    Location: Raynor Memorial Libraries, Marquette University
    Video DVD
  2. 2
    Publicado 2002
    Outros autores: ...Mortensen, Viggo, 1958-...
    Location: Raynor Memorial Libraries, Marquette University
    Video DVD
  3. 3
    Publicado 2004
    Outros autores: ...Mortensen, Viggo, 1958-...
    Location: Raynor Memorial Libraries, Marquette University
    Video DVD