Wolfgang Amadeus Mozart
Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theophilus Mozart. O seu nome foi adaptado a distintos idiomas polo que é coñecido tamén baixo diferentes versións. Véxase: Nome de Mozart.|group=lower-alpha}} máis coñecido co nome de Wolfgang Amadeus Mozart (), nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, é considerado un dos máis grandes compositores de música clásica europea.A obra mozartiana abarca todos os xéneros musicais da súa época e alcanza máis de seiscentas creacións, na súa maioría recoñecidas como obras mestras da música sinfónica, concertante, de cámara, para piano, operística e coral, logrando unha popularidade e difusión universal.
Na súa nenez máis temperá en Salzburgo, Mozart mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e do violín. Con só cinco anos xa compuña obras musicais e as súas interpretacións eran do aprecio da aristocracia e realeza europea. Aos dezasete anos foi contratado como músico na corte de Salzburgo, pero a súa inquietude levouno a viaxar á busca dunha mellor posición, sempre compoñendo de forma prolífica. Durante a súa visita a Viena en 1781, tras ser despedido do seu posto na corte, decidiu instalarse nesta cidade onde alcanzou a fama que mantivo o resto da súa vida, a pesar de pasar por situacións financeiras difíciles. Nos seus anos finais, compuxo moitas das súas sinfonías, concertos e óperas máis coñecidas, así como o seu ''Réquiem''. As circunstancias da súa temperá morte foron obxecto de numerosas especulacións e elevada á categoría de mito.
En palabras de críticos de música como Nicholas Till, Mozart sempre aprendía vorazmente doutros músicos e desenvolveu un esplendor e unha madureza de estilo que abarcou desde a luz e a elegancia, á escuridade e a paixón -todo ben fundado por unha visión da humanidade «redimida pola arte, perdoada e reconciliada coa natureza e o absoluto»-. A súa influencia en toda a música occidental posterior é profunda; Ludwig van Beethoven escribiu as súas primeiras composicións á sombra de Mozart, de quen Joseph Haydn escribiu que «a posteridade non verá tal talento outra vez en cen anos». Provided by Wikipedia
-
1por Mozart, Wolfgang Amadeus, 1756-1791Outros autores: “...Mozart, Wolfgang Amadeus, 1756-1791...”
Publicado 2006
Location: Marian Library, University of Dayton
Partituras Libro -
2por Mozart, Wolfgang Amadeus, 1756-1791Outros autores: “...Mozart, Wolfgang Amadeus, 1756-1791...”
Publicado 1980
Location: Marian Library, University of Dayton
CD Audio -
3por Hauser, Conrad-MOutros autores: “...Mozart, Wolfgang Amadeus, 1756-1791...”
Publicado 1960
Location: Raynor Memorial Libraries, Marquette University
CD Audio