John Needham

John Turberville Needham, nado o 10 de setembro de 1713 e finado o 30 de decembro de 1781, foi un biólogo inglés defensor da xeración espontánea.

En 1745 John Needham realizou un experimento: ferveu caldo de carne para destruír os organismos preexistentes e colocouno nun recipiente que non estaba o debidamente selado, xa que segundo a súa teoría, necesitábase aire para que se produciran microorganimos. Ao cabo dun tempo observou colonias de microorganismos sobre a superficie e concluíu que se xeraban espontaneamente a partir da materia non viva.

En 1769, Lazzaro Spallanzani repetiu o experimento pero tapando os recipientes de maneira hermética, comprobando que deste xeito non aparecían colonias de microorganismos, o que contradicía a teoría da xeración espontánea.

Pero Needham argumentou que o aire era esencial para a vida, incluída a xeración espontánea de microorganismos, e que este aire fora excluído nos experimentos de Spallanzani; en concreto, chegou a afirmar que Spallanzani destruía o que el chamaba a "forza vexetativa". Porén, Spallanzani volveu abrir os recipientes onde supostamente destruíra esa ''forza vexetativa'' e observou que entón si aparecían os microorganismos.

Needham en 1748 publicou ''Observacións acerca da xeración, composición e descomposición das substancias animais e vexetais'', traballo co que pretendía demostrar a teoría da xeración espontánea da vida a partir da materia inorgánica.

En 1768 foi elixido membro da ''Royal Society of London''. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Needham, John Turberville, 1713-1781', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2